[vc_row][vc_column][vc_column_text]“Para nós é importante acadar este posto no ránking porque somos unha universidade pública e a posición nesta clasificación, e tamén no índice de transparencia Dyntra, sitúanos como unha das administracións públicas máis transparentes do estado español e probablemente a máis transparente de toda a comunidade autónoma de Galicia”, explica Maribel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, para quen este recoñecemento está a transmitir un modelo de gobernanza e o cumprimento dunha obriga como universidade pública, que é o de ser o máis transparente posible e comunicalo ao público. “Ademais queremos exercer de panca de cambio e que outras administracións públicas da contorna poidan copiar modelos dunha universidade que ademais de impartir docencia de moita alta calidade, e onde se investiga, transfire e innova cada vez mellor, faise de xeito responsable, ético e sobre todo transparente”, sinala Doval.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]