[:es][vc_row][vc_column][vc_column_text]Na súa última onda, dun total de 34 concellos analizados en Galicia por Dyntra o de Ponteareas ocupa a 25ª posición, cunha porcentaxe de transparencia de só o 13,75%, ao facer públicos unicamente 22 dos 160 indicadores que se analizan neste estudo. “É especialmente relevante e grave o escurantismo municipal en aspectos como o económico-financeiro (3,7% de transparencia), o urbanismo e as obras públicas (10%) ou a participación e colaboración cidadá (12,12%)” explican dende ACiP. Alén diso, “Ponteareas ocupa o penúltimo lugar en transparencia entre os concellos galegos analizados de máis de 20.000 habitantes”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][:]