O Informe Dyntra sitúa a UVigo como a universidade máis transparente de España

[vc_row][vc_column][vc_column_text]Logo de catro anos nos que progresivamente foi mellorando a súa posición, a UVigo sitúase a día de hoxe, xunto á Universidad de Burgos, como a institución de educación superior máis transparente, segundo o Informe Dyntra. Vigo e Burgos acadan no ránking que inclúe 79 universidades públicas e privadas españolas, e tamén no que unicamente avalía as 50 públicas, unha porcentaxe do 91.97%, con 126 de 137 indicadores de transparencia e bo goberno cumpridos, seguidas pola Universidade de Valladolid, na terceira posición, cun 91.24% e 125 de 137 indicadores de transparencia cumpridos. Na avaliación de transparencia baseada no índice DUE (Dyntra Universidades) a UVigo acada un 100% en transparencia económica e financeira e en contratación de servizos; un 91.55% en transparencia institucional; un 90.91% en comunicación pública e un 85% en participación e colaboración cidadá. “Sentímonos contentas e orgullosas de pertencer a unha institución pública que destaca por uns criterios de transparencia na súa xestión. Estamos falando de transparencia institucional, cousas que teñen que ver con temas de órganos de goberno, organización de patrimonio, estrutura e normas, como se organiza e planifica a universidade, etc”, detalle Maribel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da UVigo. Pola súa banda, as outras universidades do SUG ocupan respectivamente, a novena posición, Universidade de A Coruña e a 50, no caso da Universidade de Santiago.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]