Informe axesor do CD Lugo SAD: «capacidade financeira con risco de deteriorarse»

[vc_row][vc_column][vc_column_text]Non existe un colectivo de pequenos accionistas como si ocorre noutros equipos da mesma categoría. Segundo o Informe Dyntra, o CD Lugo SAD é un dos equipos do profesionalismo español cun maior índice de transparencia. En concreto, o terceiro de Segunda, só superado polo Osasuna e polo Cádiz. Os datos refírense á pasada campaña. Malia todo, só cumpriría con 55 dos 92 indicadores que ten en conta este estudo. Na súa gráfica apréciase un lixeiro descenso no último ano. Segundo a entidade avaliadora, os resultados amosan do conxunto das SAD españolas amosan “unha baixa media de cumprimento dos indicadores, o que supón un suspenso xeral para estas institucións”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]