Ames se mantiene como el tercer municipio más transparente de Galicia y sube al puesto 109 del ranking nacional

[vc_row][vc_column][vc_column_text]O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra segue situando ao Concello de Ames como a terceira institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 109 de España. O Concello conta con 96 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 59,26% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes. A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 61,54% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 51,85% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 60% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]