[vc_row][vc_column][vc_column_text]“Para nós é importante acadar este posto no ranking porque somos unha universidade pública e a posición nesta clasificación, e tamén no índice de transparencia Dyntra, sitúanos como unha das administracións públicas máis transparentes do estado español e probablemente a máis transparente de toda a comunidade autónoma de Galicia”, explicou Maribel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, para quen este recoñecemento está a transmitir un modelo de gobernanza e o cumprimento dunha obriga como universidade pública, que é o de ser o máis transparente posible e comunicalo ao público.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]